Presentado o IV Rally Comarca da Ulloa
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou no Pazo de San Marcos o VI Rallye Comarca da Ulloa, que se disputará entre os días 6, 7 e 8 de maio nos concellos de Palas de Rei e Monterroso. Xunto a Antón Bao estiveron na presentación do rally o presidente da Escudaría da Ulloa, Luís Vilariño, o subdelegado do goberno en Lugo, Xesús Vázquez Portomenñe, os representantes dos concellos de Monterroso e Palas de Rei, o alcalde Antonio Gato e tenente de alcalde de Palas, Pablo Taboada, mailo piloto meirego Sergio Vallejo.
Na súa intervención, Antón Bao destacou que “a Área de Deportes da Deputación colaborou sempre co Rally da Ulloa desde a súa primeira edición”, contribuíndo deste xeito a instaurar na comarca unha proba automobilística que se consagrou no mundo do motor galego nestes tres anos grazas ao seu poder de convocatoria e ao éxito de participación. Bao fixo referencia a que esta proba, a terceira do calendario automobilístico galego, conta cunha alta participación de equipos de referencia que aproveitan para rodar os seus vehículos de cara á competición. Antón Bao sinalou que a Deputación apoiou decididamente esta proba “xa que constitúe, non hai que esquecelo, un importante axente dinamizador socioeconómico con capacidade para xerar beneficios no sector hostaleiro e turístico da comarca”. Tal como recordou o vicepresidente da Deputación, calcúlase que “son preto de 30.000 as persoas que acoden a presenciar o rally da Ulloa, polo que o impacto e repercusión que isto ten na economía local é moi importante e algo que ter en conta á hora de organizar competicións deportivas deste tipo”. Antón Bao aludiu á capacidade dun evento como o rally para dinamizar o sector turístico e desexou que todo sexa un éxito tal e como se augura.
Pola súa banda, Luís Vilariño, presidente da Escudaría da Ulloa –organizadora do evento-, agradeceu á Deputación de Lugo todo o apoio que desde a Área de Deportes se lle brinda á organización do Rally Comarca da Ulloa desde a súa posta en marcha e explicou que este ano, grazas á iniciativa da Deputación para habilitar zonas especiais para persoas con mobilidade reducida, o tramo espectáculo de Monterroso contará cun destes lugares perfectamente acondicionado, que garanta as máximas medidas de seguridade e cuns accesos doados.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo