Publicítase en Hannover a marca Galicia nos Citroën Partner e Berlingo
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, respaldou no Salón Internacional do Automóbil en Hannover o lanzamento mundial dos novos modelos de furgoneta eléctrica Partner Galicia e Berlingo Galicia, que PSA Peugeot Citroën fabricará integramente en Vigo e que servirán para promocionar por todo o mundo a comunidade.
Guerra, que recordou o apoio e a aposta constante polo sector da automoción por parte da Xunta, que destina ao proxecto presentado hoxe 10,7 millóns de euros por medio do Igape, destacou no encontro da automoción máis importante do mundo a innovación e a capacidade tecnolóxica da industria galega.
Tamén salientou o conselleiro que estes modelos supoñen un fito na promoción económica e turística da comunidade a nivel internacional, asociando a marca “Galicia” a unha tecnoloxía innovadora e con futuro, a da electromobilidade, o que, tal e como valorou Guerra, lle permitirá avanzar no seu posicionamento a nivel mundial como destino turístico e permitirá proxectar e acentuar a imaxe de calidade das empresas galegas na súa apertura a novos mercados.
Neste sentido apuntou o conselleiro que Galicia demostra unha vez máis o seu know how industrial e deixou de manifesto o importante respaldo que supón a fabricación destes novos modelos para o centro de Vigo, o máis grande co que conta PSA tanto por produción como por número de traballadores.
O conselleiro lembrou que Galicia é unha comunidade pioneira na automoción, un sector que dá emprego a 30.000 persoas e que é sinónimo de innovación, tecnoloxía e internacionalización, e sinalou que os modelos presentados hoxe son unha mostra da alta tecnoloxía desenvolvida na nosa comunidade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia