Notas
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
-
O Foro Económico de Galicia celebrou na sede do Consello Económico e Social en Santiago de Compostela unha xornada centrada na análise da ordenación do territorio e o sistema de cidades. A iniciativa, que forma parte do grupo de traballo Galicia 2040, pertencente a este foro, reuniu a unha decena de especialistas das universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Politécnica de Madrid e Porto.
-
Dixitalización, intelixencia artificial, automatización… a industria está xa a vivir unha nova revolución, a do 4.0, e as tecnoloxías emerxentes están a cambiar significativamente os procesos de fabricación. Para analizar este escenario este venres a UVigo acollerá un debate entre representantes da industria, a administración e a universidade no I Encontro Ágora.
-
O Foro Económico sinala que Galicia debe liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados'O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network da UVigo, presentou o documento 'A reforma do sistema de financiamento: unha perspectiva dende Galicia'. Nel destacan que a comunidade autónoma debe 'liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados como fórmula para garantir a equidade entre os españois e asegurar o autogoberno'.
-
As mulleres, que continúan por segundo ano consecutivo liderando as iniciativas emprendedoras, considéranse preparadas para emprender no mesmo nivel que os seus homólogos masculinos. Con todo, nos momentos de incerteza derivados da crise ocasionada pola COVID-19, 'só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes', afirmou a profesora Isabel Neira.
-
A taxa de actividade emprendedora en Galicia situouse no 4,3% no ano 2020, segundo recolle o informe GEM Galicia 2020-21, que constata, do mesmo xeito que en anos anteriores, que o impulso emprendedor entre as mulleres (5%) é superior ao da poboación masculina (3,5%). A pandemia provocou un lixeiro parón da actividade emprendedora, ao tempo que salientou a capacidade de resilencia dos emprendedores.
-
Diminuír o impacto ambiental e facer máis sustentable a mobilidade urbana constitúe un dos grandes retos da sociedade actual e require do deseño de sistemas intelixentes de transporte como o que desenvolven investigadores da USC, UVigo, UDC e da Universidade Carlos III de Madrid. O proxecto ‘MaGIST’ procura un sistema intelixente de transporte urbano que permita a incorporación continua de datos e conte con procesos de aprendizaxe automática.
-
En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais responsables, moi motivados e comprometidos coa consecución de resultados. Así se amosa no último Barómetro de Empregabilidade da Universidade de Vigo, un estudo editado polo Consello Social no que se reflexiona sobre as competencias que máis demandan os empregadores tras o xurdimento da pandemia e no que se analiza en detalle como modificou a crise sanitaria a actitude do empresariado á hora de seleccionar o seu persoal.
-
Publicada a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pola que se regulan as novas medidas para a reactivación do transporte público de viaxeiros de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores. O texto recolle as medidas que se aplicarán para garantir, en todo momento, a seguridade de traballadores e viaxeiros e facilitar a atención ás necesidades de mobilidade, de acordo á evolución da situación sanitaria.
-
A redución da oferta de transporte público por estrada dependente da Xunta de Galicia acada o 80%, cunha caída da demanda que supera o 90%. Constátase así a efectividade das medidas adoptadas desde o establecemento do estado de alarma en España e de emerxencia sanitaria en Galicia para contribuír a reducir a mobilidade, atendendo ao mesmo tempo ás necesidades dos que se ven obrigados a desprazarse.