Galicia solicita ao Goberno a participación do tecido económico e das Comunidades Autónomas nos fondos europeos Next Generation
Así mesmo, lamentou a distribución levada a cabo ata o de agora, marcada polo centralismo -o Goberno resérvase o 100% dos fondos para proxectos industriais- e a lentitude. De feito, dos nove Pertes aprobados no Consello de Ministros por máis de 33.700 millóns de euros, menos do 14% se traduciron en convocatorias. “Os fondos teñen que servir para transformar a economía cara á innovación, a sustentabildiade e a dixitalización”, afirmou.
Conde incidiu en que desde Galicia se está cumprindo tanto coa presentación de proxectos tractores como na priorización de iniciativas solicitadas polo Goberno central. Así, lembrou que esta mesma semana se presentou un deses grandes proxectos: a construción dunha biofábrica de fibras téxtiles no concello lucense de Palas de Rei -na comarca da Ulloa-, da man da multinacional Altri, que implicará un investimento de 800M€ e a creación de 2500 empregos. Agárdase que poida acceder aos fondos europeos, unha vez que xa se presentou ao Goberno.
En total, Galicia trasladou ao Executivo propostas a todas as convocatorias anunciadas por valor de 8500 millóns de euros e coa participación de 200 empresas. Neste sentido, Conde amosou a preocupación tanto do Goberno galego, como do sector da automoción da Comunidade polo Perte do vehículo eléctrico e conectado, ante a posibilidade de quedar fóra a pesar de contar co principal fabricante de vehículos de España. Tal e como sinalou, desde Stellantis Vigo indican que os requisitos exixidos non van permitir que poida acollerse ás axudas e advertiu de que pode ser prexudixial para a viabilidade da propia factoría e para a competitividade desta industria en Galicia.
Conde rematou reiterando a petición de cogobernanza e solicitando transparencia e axilidade para non poñer en risco a execución dos proxectos.

R.