Skip to main content
Automoción Galicia | Motor en Galicia logo
  • Inicio
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
  • Asociaciones
  • Agenda motor
  • Álbumes
Inicio

Galicia rexistrou un déficit do 0,4 % en 2022, dúas décimas menos do previsto

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o feito de que Galicia mellorou o déficit marcado no orzamento, xa que apuntou que se situou nun 0,4 % do Produto Interior Bruto, “o que supón dúas décimas menos do límite previsto”. Ademais, subliñou que a comunidade rexistrou unha ratio débeda/PIB do 17,2 %, “tres décimas por debaixo do previsto, o que supuxo aforrar 210 millóns de euros, en canto a capacidade de endebedamento”.
O mandatario galego explicou estes datos, recollidos no informe presentado hoxe ao Consello da Xunta polo titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, sobre o avance do peche do exercicio 2022. Sobre o mesmo, Rueda puxo en valor que reflicte que “Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a débeda desde o ano 2009, segundo os datos oficiais do Banco de España”.

Ademais, destacou que tamén recolle que a Administración galega continúa “entre as comunidades que antes paga aos proveedores, 10 días antes que a media”. En concreto, explicou que foi a segunda que aboou máis rápido os seus compromisos no ano 2022, “nunha media de 14,9 días, fronte ao 25,2 do conxunto das administracións autonómicas”.

Recuperación PIB prepandemia

Rueda lembrou que Galicia recuperou no cuarto trimestre de 2022 o nivel do PIB da prepandemia, “con varios trimestres de antelación á media de España, cando hai comunidades que aínda non o teñen recuperado”, contrapuxo. Tamén salientou o feito de que a economía galega medrou un 3,8 % o ano pasado, “dúas décimas por riba do previsto”, remarcou.

Finalmente, en termos de emprego, o presidente da Xunta salientou que no conxunto do ano 2022 creáronse preto de 22.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo (PTETC), polo que aumentou un 2,2 % con respecto ao anterior exercicio, o que tamén permitiu superar o número empregos da economía galega antes da pandemia.
R.
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies | Mapa del sitio
Galicia Digital | InternetGalicia.net

Coches de alquiler - Asesoría Tepima - Webs en Galicia

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información