O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia en Galicia supera os 1.100 M€, o 75 % do importe ingresado
Tal e como salientou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, estes datos demostran "que Galicia cumpre e que a Xunta está a facer os deberes e ser áxil na tramitación dos fondos europeos".
A boa execución en Galicia tamén a confirman os datos do Ministerio de Economía, que din que a taxa de resolución de Galicia, sen as entidades locais, é a segunda máis alta en España, 76,3 % (18,7 puntos e 17,2 puntos máis que a media das comunidades autónomas e a AXE, respectivamente).
Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á Comunidade por PIB per cápita. Desa cantidade, a Xunta ten ingresados 1.474 M€. Hai que lembrar que estes fondos se poden executar ata o ano 2026. Ángeles Vázquez apuntou que “malia este retraso na entrega dos fondos, a Xunta está sendo áxil para xestionar os que si chegaron e poñelos a disposición dos beneficiarios”.
Ademais, máis de 53.000 persoas (45.000 persoas físicas e 8.095 autónomos) e máis de 5.000 entidades e sociedades se beneficiaron dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia executados polo Goberno galego ata finais do terceiro trimestre de 2024. De feito, o MRR xestionado pola Xunta terá un impacto a medio e longo prazo na contorna de dúas décimas de media anual no PIB, segundo as estimacións do IGE a partir do modelo Quest III R&D, que emprega a Comisión Europea para a análise cuantitativa de políticas.
As actuacións concéntranse nas compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia relacionadas coa mobilidade sostible, as enerxías renovables, as políticas públicas para o mercado de traballo, a renovación e a ampliación do Sistema nacional de saúde, a implantación da Axenda urbana, a dixitalización, a modernización do sistema educativo, a economía dos coidados e a inclusión social.
Pola súa banda, o Goberno central deseñou a figura dos PERTE para o financiamento dos proxectos estratéxicos de colaboración público-privada. Actualmente hai 12 PERTE aprobados cun orzamento total de máis de 41.000 M€, dos cales só se adxudicaron 14.038 M€ (34%). A dotación dos PERTE supón o 25 % dos recursos totais do PRTR, incluíndo os recursos adicionais da Addenda. A participación de Galicia nas adxudicacións dos PERTE é do 5,5 % do asignado en toda España (771 M€).

R.