Innovación e Industria achega 140.100 euros para a incorporación de coñecementos en sistemas electrónicos avanzados no sector da automoción
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o presidente da Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia, Javier Riera, asinaron un convenio de colaboración polo que a consellería achega 140.000 euros para a realización, a través do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), de diversas actividades encamiñadas á incorporación de coñecementos en sistemas electrónicos avanzados nas empresas do sector.
O CTAG comprométese a levar a cabo actuacións dirixidas ao desenvolvemento de áreas de traballo que permitan dar resposta aos desafíos a curto prazo do sector, atraendo novas áreas de coñecemento. Deste xeito, o Centro realizará o análise e seguimento de plataformas tecnolóxicas, proxectos de investigación a nivel europeo e proxectos estatais de I+D+i, así como a identificación e avaliación de sistemas avanzados de axuda á condución (ADAS) e sistemas telemáticos de interese para o sector.
No relativo aos ADAS e entre outros traballos, o CTAG avaliará en colaboración con FICOSA Internacional (compañía líder en desenvolvemento e produción de sistemas e compoñentes para a maioría de marcas de automoción do mundo) diversos sistemas de axuda á condución para a súa implementación no sector galego. Respecto aos sistemas telemáticos, procederase ao estudo de produtos de comunicacións GSM e a análise das posibilidades dun futuro sistema eCall.
Innovación e Industria quere reforzar así a súa política de apoio ao CTAC nas actuacións que está a desenvolver en materia de investigación, desenvolvemento e innovación co obxectivo último de obter vantaxes competitivas para as empresas do sector.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia