O Recinto de Feiras acolleu o I Lugo Racing
O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acolleu o sábado 29 de novembro a 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing. Na xornada matinal, despois de que os pilotos estacionase os seus vehículos no parque pechado, o responsable da Área de Deportes da deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou esta festa do deporte do motor e abriu o coloquio que, moderado polo xornalista deportivo Miguel Cumbraos, se desenvolveu baixo o título "Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro", neste coloquio participaron importantes figuras do automobilismo como Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta. Antonio Veiga loubou o traballo dos pilotos que “converteron a Lugo e Galiza nunha potencia no mundo do motor no que ademais de ter un gran número de deportistas contamos importantes campións”.
Xa pola tarde o Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, foi o encargado de descubrir, acompañado polo subdelegado do goberno, o coche que pilotarán os seleccionados no proxecto Volante Xovén. Na súa intervención o vicepresidente da Deputación recomendoulles aos mozos e mozas alí presentes que “ao volante debedes de manter unha actitude similar á que temos no goberno da Deputación, imos rápido pero con sentidiño”. A continuación iniciáronse, no circuíto deseñado no interior do recinto do pazo de feiras e exposicións, as exhibicións a cargo dos pilotos participantes nesta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing organizada pola Área de Deportes da Deputación e coa colaboración da Escudería Miño.
Esta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing estivo aberta a todas as escuderías da provincia de Lugo e a todos os seus pilotos, nas diferentes especialidades de Karts, Slalom, Montaña e Rallyes. O número total de vehículos participantes superará os 80 entre coches e karts. As exhibicións efectuaronse no circuíto montado, especialmente para esta ocasión, nos dous pavillóns de dita Feira, nos dous pavillóns da Feira, haberá instaladas gradas para os afeccionados que desexen ver o espectáculo, cun aforo limitado a 2.000 persoas.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SABADO, DIA 29:
10,00 horas, Parque pechado de exposición pra todos os coches participantes.
11,00 horas, Inauguración da Festa do Automovilismo e visita ao Parque Pechado.
11,30 horas, Coloquio co título "Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro".
Participan: Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta.
17,00 horas, Presentación aos participantes e M.C.S. do Proxecto "Volante Xoven".
18,00 horas, Exhibición dos pilotos Pedro Burgo, Sergio Vallejo, José Alonso e Luis Vilariño.
Demostración técnicas de conducción por parte de Isaac Fernández, da escola PTC.
Presentación dos pilotos lucenses participantes na festa.
Demostración de Karts lucenses.
DOMINGO 30:
12,30 horas, Volta a Muralla de Lugo que remata na Praza de Santa María coa exposición de todos os coches participantes.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)