A Deputación de Lugo homenaxea aos irmáns Burgo polo Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, entregou aos irmáns Pedro e Marcos Burgo un agasallo como recoñecemento por acadar o Campionato Galego de Rallyes de Asfalto deste ano. O acto de homenaxe tivo lugar no transcurso do descanso do partido que enfrontou ao Breogán e o CB Burgos nun ateigado Pazo dos Deportes de Lugo. O breve acto de homenaxe, que estivo presentado polo xornalista deportivo, especialista no mundo do motor, resultou espectacular, xa que no intermedio do partido as luces do pavillón apagáronse por un momento para ver entrar o Mitsubishi dos irmáns Burgo. Co vehículo campión de Galiza de Rallyes presidindo o centro da pista do Pazo dos Deportes, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, interveu para eloxiar o excelente traballo realizado polo equipo dos irmáns Burgo durante a tempada 2009, que colocou aos pilotos lucenses no máis alto do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto. Bao recordou que a Área de Deportes da Deputación sempre estivo ao carón dos pilotos lucenses para apoialos na súa carreira deportiva xa que constitúen un exemplo de superación de cara a acadar o triunfo para os máis novos.
O nacionalista Antón Bao tamén fixo referencia ao excelente momento que está a vivir o mundo do motor lucense, que non deixa de demostrar ás claras que Galiza, con Lugo á cabeza, constitúen unha potencia no mundo do motor no conxunto do Estado. Bao, no nome da Área de Deportes da Deputación, entregou un agasallo aos pilotos lucenses como recordo e recoñecemento do seu triunfo, ao que os irmáns Burgo responderon cunha mención de agradecemento polo apoio recibido de parte da institución lucense. Do mesmo xeito, Antón Bao tamén quixo lembrar o bo traballo realizado polo conxunto da Escudaría Miño, que resultou vencedora no apartado por equipos da mesma competición, e entregou á súa vicepresidenta, Maite Vilanova, outro agasallo para a lembranza do seu éxito colleitado.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)