Economía e Industria estuda axudas para os plans industriais de Citroën en Vigo
O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, avanzou que o seu departamento estuda todas as vías posibles para axudar a que a planta de Citroën en Vigo sega sendo competitiva e un referente a nivel nacional e mundial. Así o sinalou ao remate do encontro que mantivo en San Caetano co director do grupo PSA Peugeot-Citroën na cidade olívica, Pierre Ianni, e parte do seu equipo directivo.
Javier Guerra, que coñeceu de primeira man os plans empresariais que o grupo de automoción baraxa para Vigo e que suporán investimentos por valor de mil millóns de euros, expresou o compromiso do Goberno da Xunta e do seu departamento para poñer en marcha fórmulas de apoio “a unha planta industrial fundamental para Galicia, que forma parte dun sector que xera o 14% do PIB galego, e ao que non podemos deixar de lado”.
O conselleiro de Economía e Industria salientou que a asignación de novos modelos á planta viguesa será “un paso adiante, que a posicionará dun xeito máis importante a nivel mundial, co efecto que esto tería para todo o sector auxiliar”, porque o obxectivo do Goberno da Xunta “é axudar a todo o sector da automoción”.
O conselleiro de Economía e Industria expresou tamén o seu desexo de que, desta volta, o Goberno central valore, á hora de asignar axudas á planta viguesa, “que é a máis produtiva de España e que nunca tivo problemas” para poder acadar “axudas como as que recibiron outras plantas industriais doutros grupos en outros puntos do Estado, porque a Xunta de Galicia si que vai facer os seus deberes”.
A Consellería de Economía e Industria ven demostrando o seu apoio decidido ao sector da automoción en Galicia coa implementación dos plans re-Móvete e re-Móvete Industrial. Ata o de agora, a Xunta investiu 15,75 millóns de euros no plan re-Móvete para dinamizar as ventas do sector e mobilizou cerca de 370 millóns de euros, e dispón tamén de 60 millóns de euros para financiar novas inversións e iniciativas de innovación no sector co obxectivo de continuar a axudar á industria do automóbil na súa traxectoria de reactivación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia