Presentouse a I Subida Muralla de Lugo promovida pola Escudería Miño
Presentouse no Concello de Lugo a I Subida Muralla de Lugo, proba puntuable para o campionato de Galiza de montaña que organiza a Escudería Miño e terá lugar o domingo 21 de marzo. Esta será a primeira edición dunha carreira de montaña que se dispute polas inmediacións da cidade de Lugo e conta co aliciente de, ademais de ser valedoira para o campionato de Galiza da modalidade, ser das primeiras en disputarse, co que a presenza de equipos inscritos pode ser maior ao servir aos pilotos para probar e poñer a punto as máquinas de cara a tempada. Na presentación da I Subida Muralla de Lugo desta mañá estiveron presentes o delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, o presidente da Escudería Miño, Carlos Íñiguez, o alcalde de Lugo, Xosé Clemente Orozco, o xefe territorial da Secretaría Xeral para o Deporte, José Manuel Rozas, e un representante da firma que patrocina a proba, o concesionario lucense Autolusa.
Antonio Veiga, delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación, destacou o bo traballo realizado pola Escudería Miño para pór en marcha unha proba de montaña logrando que Lugo acolla por primeira vez unha competición deste tipo, tendo en conta o arraigo ao deporte do motor que existe en Lugo. Veiga ratificou “o compromiso da Área de Cultura e Deportes da Deputación para apoiar o este tipo de probas e conseguir que o deporte do motor en Lugo siga soando forte”. Antonio Veiga tamén lembrou a implicación que existe entre o deporte e a cultura, que se deixan patentes na organización desta proba ao tomar como nome a muralla de Lugo, facendo que un evento automobilístico sexa tamén un aliciente turístico e repercuta socioeconomicamente na zona.
A I Subida Muralla de Lugo disputarase o vindeiro domingo 21 de marzo e localizará o seu parque cerrado de vehículos na Praza de Santa María. Está pechada unha listaxe de inscritos de preto de 40 participantes, que tomarán a saída preto da planta potabilizadora antes da ponte sobre o Miño e rematarán na estrada de Adai (Sta. Mª Madanela) a Penarrubia. En total, 4,300 metros cronometrados cunha pendente media do 2,63 %.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)