Vallejo presenta o novo coche co que tentará gañar o Campeonato de España de Rallyes
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participou na presentación do vehículo oficial dos irmáns Vallejo para esta tempada, que se celebrou na praza do Alférez Provisional ante unha nutrida presenza de afeccionados ao motor. O novo coche que pilotará Serxio Vallejo e copilotará o seu irmán, Diego, é un Lotus Exige, vehículo de pequeno tamaño pero con moita potencia que os irmáns meiregos tentarán espremer ao máximo para facerse co campionato de España de Rallyes 2011.
Na velada de presentación do seu vehículo, os irmáns Vallejo estiveron arroupados por afeccionados ao motor e amigos, así como polos patrocinadores privados e institucións que, coma a Área de Deportes da Deputación de Lugo, renovou o seu compromiso para apoiar ao equipo na procura da consecución dun novo título no campionato de España de rallyes de asfalto.
A Área de Deportes da Deputación mantén unha estreita liña de colaboración cos pilotos lucenses, coma cos irmáns Vallejo, e durante o conxunto da lexislatura foi unha constante o apoio ao automobilismo lucense, que actualmente goza dun bo momento de saúde coa referencia do alto número de pilotos lucenses acadando éxitos nos campionatos galegos e estatais.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo