Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (vacina-80-anos.jpg) As 70 farmacias das catro provincias que se suman a este convenio achegarán semanalmente á Consellería de Sanidade datos sobre a venda de test de antíxenos e dos cinco medicamentos antigripais máis consumidos, o que será de gran valor para mellorar o control da enfermidade, integrando información adicional que axudará a dar unha resposta máis áxil e eficaz. Destas 70 farmacias, 30 son da provincia da Coruña, 10 da de Lugo, outras 10 da de Ourense e 20 da de Pontevedra. Os rexistros das farmacias, combinados cos datos de asistencia sanitaria en atención primaria e nas urxencias hospitalarias permiten, a través dun modelo matemático, anticipar con 15 días a evolución da gripe e as infeccións respiratorias agudas.

Opinión

OpinionA Cidade da Cultura Hai pouco tempo atopeime co meu amigo Balbino. O home baixaba nese intre da Cidade da Cultura, o gran complexo construído sobre o compostelán monte Gaiás, onde acudira para que o vacinasen contra a gripe e o COVID. Balbino é un tipo bastante peculiar e máis listo que un a...
Curros Neira, Jesús

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (Kyoki.jpg) A Rede Galega de Teatros e Auditorios dá comezo esta fin de semana a súa nova programación anual, que para este semestre ofrece 343 funcións de artes escénicas e musicais en 41 concellos das catro provincias. En concreto, durante os seis primeiros meses do ano serán 115 as compañías de artes escénicas e 12 os grupos de música que actuarán nesta Rede. Os espectáculos teatrais conforman unha gran parte desta actividade, con máis de 300 funcións. Pola súa banda, terán lugar 26 representacións de danza, tres de maxia e 17 de circo, o que confirma o progresivo aumento da presenza desta disciplina na carteleira. No relativo á música, están programados 16 concertos. Ademais, destaca a ampla oferta para o público familiar, con 128 actuacións deste perfil.

Notas de Galicia

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo acaba de publicar un novo número, e xa van 9, da revista Cumieira, unha publicación que naceu para dar a coñecer os traballos científicos das investigadoras e investigadores máis novos no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego. Neste último número recóllense catro investigación nas que se analizan diferentes cuestións, así como unha recensión sobre a novela histórica Ao sur da liberdade, ópera prima no mundo da prosa de ficción histórica do catedrático da UVigo Xosé-Henrique Costas.

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) Con motivo da celebración en 2025 do Ano Castelao, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten prevista unha programación coa que enxalzar a súa contribución histórica, con propostas como, a recreación virtual de Castelao nunha exposición na Cidade da Cultura, que permitira interactuar directamente con el, e na que tamén se reproducirá a súa voz. Deste xeito, será o mesmo Castelao quen guiará os visitantes nun percorrido pola súa vida, obra, achegas intelectuais e políticas e tamén creativas, a través dos seus debuxos. Esta recreación da figura e da súa vida no Metaverso será posible grazas ao proxecto Galiverso da Cidade da Cultura.

Notas de Galicia

A Universidade da Coruña acaba de dar vida a unha nova spin-off, a empresa Artefacto Arteducación, S.L.. Esta nova entidade xorde a partir do Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, co apoio da Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) da UDC. O obxectivo desta iniciativa é a transferencia de coñecemento a través do desenvolvemento de proxectos arteducativos, prácticas curatoriais e de mediación artística, educativa e cultural.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (demetrio_alvarez.jpg) “DEMETRIO ALVAREZ”
Creo, pero no lo sé
que este Demetrio Álvarez
es el hijo de “Pepé”.
Y le mando, muy fijo,
un saludo para el padre
y un abrazo para el hijo.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES