Skip to main content
Automoción Galicia | Motor en Galicia logo
  • Inicio
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
  • Asociaciones
  • Agenda motor
  • Álbumes
Inicio

Noticias

  • O investimento en tecnoloxía das empresas galegas crece máis dun 19 % nun ano
    O tecido empresarial galego investiu en 2021 un total de 545 millóns de euros en tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que o ano anterior, o que representa un incremento porcentual do dun 19,4 %. As microempresas destinaron a maior parte do seu orzamento TIC a bens tecnolóxicos mentres o investimento principal das empresas de 10 ou máis empregados destinouse a servizos e consultas tecnolóxicas. Son parte dos datos recollidos no informe 'Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia', publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco do convenio de colaboración, asinado entre a Axencia, o Instituto Galego de Estatística (IGE) e o INE.
  • O deseño da Axenda de Capacidades entra na fase final tras a celebración das mesas sectoriais que definirán a formación que precisa o mercado laboral galego
    A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego constitúe un gran pacto social que permitirá adaptar a capacitación profesional da forza laboral galega ás necesidades do mercado de traballo. Este instrumento, da man do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes que vén de rematar a Consellería de Emprego e Igualdade, está a permitir detectar as carencias formativas de traballadores e traballadoras da comunidade, para avanzar no deseño de actuacións con maior encaixe no actual contexto.
  • Galicia continúa a crear emprego cun 3,19% máis de afiliacións á Seguridade Social e acada a cifra de paro máis baixa desde o ano 2008
    O número de parados -150.062- é o máis baixo nun mes de abril de toda a serie histórica (1996) e o menor desde o verán do ano 2008. Ademais, a caída na evolución anual do -11,81% é tamén a maior desde 1996. Con respecto a abril de 2021, o desemprego tamén cae nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos, liderando o descenso a industria (-15,47%), seguido da construción (-14,47%), dos servizos (-12,29%) e da agricultura e a pesca (-7,35%).
  • Galicia solicita ao Goberno a participación do tecido económico e das Comunidades Autónomas nos fondos europeos Next Generation
    O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, solicitou esta mañá ao Goberno que permita a participación tanto do tecido económico como das comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos Next Generation para poder axustar estes apoios á realidade de cada sector e de cada territorio. Conde participou na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas que se celebrou en Madrid co obxectivo de abordar a situación actual destes fondos. O vicepresidente económico reiterou a solicitude dunha maior cogobernanza nos Next Generation tendo en conta a experiencia das comunidades autónomas na xestión de recursos comunitarios.
  • As pemes e microempresas galegas contarán con 4,3 millóns de euros para innovación
    A Xunta de Galicia presenta as novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, cun importe de 4,3 millóns de euros, que permitirán mobilizar 8,6 millóns, e que chegarán a unhas 90 pemes e microempresas galegas e lles permitirán introducir as vantaxes da innovación nos seus procesos de organización, produtos e servizos. Así, a Administración Autonómica segue a traballar pola mellora na competitividade das empresas galegas, favorecendo a innovación no tecido empresarial da nosa comunidade, especialmente nas empresas máis pequenas, que habitualmente atopan máis atrancos neste ámbito.
  • As estacións de servizo galegas contarán unha liña de financiamento para facer fronte ás rebaixas no prezo do combustible
    As estacións de servizo galegas terán á súa disposición unha liña de apoios para que poidan facer fronte aos anticipos que están a desembolsar ao ter que rebaixar 20 céntimos no litro de combustible ao seus clientes. A Xunta inclúe esta medida dentro do Plan de Choque que aprobou para facer fronte ao actual contexto económico no que o pagamento deses adiantos está a provocar ás gasolineiras un problema de liquidez.
  • A Xunta facilitará financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar os adiantos da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno
    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa que a Xunta facilitará, a partir do martes, financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar o adianto da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno central. Para tal fin, puntualizou, aprobarase un programa dirixido a pemes e autónomos para obter financiamento, especialmente centrado naqueles sectores máis afectados pola invasión rusa, como é o caso das gasolineiras.
  • Cae o desemprego en Galicia, e creceron as afiliacións e a contratación na evolución mensual e anual
    Galicia cun descenso de 1.173 persoas é a terceira comunidade autónoma na que máis caeu o paro con respecto a febreiro; e a cuarta en termos relativos cun -0,76% menos de paro. En Galicia baixou o paro e aumentaron as afiliacións e a contratación tanto na evolución anual como mensual, pese ao actual contexto socioeconómico de incerteza xerado pola guerra de Ucraína, a suba enerxética e a folga de transportes. Con respecto ao inicio da pandemia (febreiro de 2020), Galicia (-7,76%) continúa cunha baixada do paro maior que a rexistrada no Estado (-4,23%) con 3,23 puntos de vantaxe. Na evolución anual, cunha caída do -15,15%, o paro volve a baixar en marzo tras as subidas experimentadas en 2020 e 2021 polo efecto da covid-19.
  • Galicia pecha 2021 como a 3ª comunidade con menor ratio débeda/PIB tras reducir un punto nun ano
    Galicia pechou o ano 2021 como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor ratio débeda/PIB, logo de reducir este indicador un punto en relación ao ano anterior, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao cuarto trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España.En concreto, a ratio débeda/PIB de Galicia baixou ata o 18,5%, en niveis prepandemia, fronte ao dato do 19,5% do peche do ano 2020. Desta forma, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.
  • Galicia consolida a súa reactivación económica cun crecemento no conxunto do ano pasado do 5,2%
    O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Uvigo, presentou en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica I/2022. Nel destácase que 'Galicia consolida a reactivación económica' aínda que a súa recuperación 'segue a ser incompleta'. O documento, elaborado trimestralmente polos expertos do Foro Económico de Galicia Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos profesores da Universidade de Vigo) e Fernando González Laxe e José Francisco Armesto, 'debuxa un escenario de consolidación da reactivación económica ao presentar unha medra do 5,2%, o que supón unha décima máis que a media española', segundo indican en nota de prensa desde o foro.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies | Mapa del sitio
Galicia Digital | InternetGalicia.net

Coches de alquiler - Asesoría Tepima - Webs en Galicia

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información