Noticias
-
A Xunta ten mobilizados o 100 %” dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), mentres que ten que recibir aínda 144 dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. Dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M€- xa teñen publicadas a súa convocatoria, e foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións. Dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados.
-
Tivo lugar o acto de promoción internacional de Mindtech 2023, que se celebrará en Vigo do 20 ao 23 de xuño, é o espazo idóneo para xerar sinerxías entre empresas tractoras e startups da industria, sinalando así mesmo que vai na liña da Axenda Startups. Nesta terceira edición de Mindtech van estar moi presentes os retos da innovación, a dixitalización, a transición enerxética e a sustentabilidade, resaltando que neste encontro vai quedar de manifesto o esforzo e a capacidade coa que a industria galega lles está dando resposta.
-
Galicia bate o seu récord histórico de exportacións e alcanza por primeira vez os preto de 30.000 M€Galicia logrou en 2022 un novo rexistro histórico en exportacións, achegándose por primeira vez aos 30.000 millóns de euros (en concreto, 29.886 millóns). Isto supón 4.600 millóns de euros máis e un 18,3% máis de vendas ao exterior que no 2021, que tiña o mellor rexistro ata o de agora. Por sectores destacan os incrementos en industrias clave para Galicia como o sector téxtil, cun +21,1% en vendas ao exterior que en 2021; a industria química, cun +47,3%; as máquinas e aparellos mecánicos, cun +45,4%; ou a metalurxia, cun +16,5%. Por países rexistráronse importantes subas nas vendas a Países Baixos (+86%); Alemaña (+30,9%); Portugal (+27,4%); ou Bélxica (+25,7%); EEUU (+21,2%); México (+48,4%) ou Oriente Medio (+52,5%).
-
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social destacando a “boa evolución” do mercado de traballo de Galicia que no último ano (comparativa entre xaneiro de 2023 e xaneiro de 2022) rexistrou unha caída do desemprego do -5,77% (-8.884 persoas). A cifra actual de paro, 145.048 persoas, é a máis baixa contabilizada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica (1996).
-
A Xunta presentou a Estratexia Galega de Mobilidade co obxectivo de reducir un 30% as emisións contaminantes derivadas do transporte e o 80% as vítimas mortais derivadas da mobilidade no ano 2040. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou este documento que hoxe se somete a información pública.
-
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2022. Nel destácase que a economía galega frea a súa actividade. O informe, que se elabora trimestralmente, está asinado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos da Universidade de Vigo) e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do estudo. Segundo indican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, 'a actividade económica galega presenta no terceiro trimestre do ano unha significativa ralentización do seu ritmo de crecemento'.
-
A comunidade galega despediu 2022 cun total de 142.222 persoas desempregadas en decembro, a cifra máis baixa de toda a serie histórica (1996) para este mes, no que o descenso do paro en colectivos prioritarios como o de menores de 30 ou mulleres, obtivo o mellor dato en 17 anos, desde que se conta con rexistros oficiais. Respecto de decembro de 2021 contabilizáronse 10.362 (-6,79%) galegas e galegos menos en situación de desemprego. Nun ano caeu o paro nas catro provincias galegas e nas sete cidades.
-
A Xunta manterá a partir do vindeiro 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova. A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta.
-
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio co que a Xunta vai impedir unha suba do 7% nas peaxes das autoestradas autonómicas e lamentou a 'pésima noticia para Galicia' do incremento das tarifas da AP-9 e da AP-53. Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asinou hoxe co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, o convenio que establece as tarifas que se van aplicar a partir do vindeiro 1 de xaneiro nas dúas autoestradas de xestión autonómica, A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57).
-
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello autorizou hoxe que o Goberno galego conxele en 2023 as tarifas das peaxes das autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) para contrarrestar e mitigar os efectos do incremento do IPC nas tarifas. “As autoestradas autonómicas galegas xa son as máis baratas de toda España e queremos que o sigan sendo”, resaltou Rueda, quen anunciou que a Xunta xa se puxo en contacto co Goberno central para demandar a conxelación das peaxes nas vías de titularidade estatal.