PSA garantiza los compromisos pactados con la plantilla de la factoría de Vigo, tras comprar Opel
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
“Hai gobernos activos e hai gobernos oíntes, o noso é un goberno oínte”, sinalou Luís Villares na habitual rolda de prensa para valorar a actualidade política. En referencia ao último episodio da compra de Opel por PSA, da que aínda se descoñece a reacción do goberno galego, o voceiro parlamentario de En Marea considera que estamos asistindo a unha reordenación e concentración do sector do automóbil que ten efecto e alcance en toda Europa e que en Galicia nos afecta de xeito direto con todo un sector artellado ao redor de Citröen e dos compoñentes que precisa para a fabricación de coches “para o que é preciso unha estratexia concreta do Goberno galego que debería traballar con previsión para garantir os postos de traballo en todo o país”.
“Queremos que haxa unha estratexia industrial galega de I+D+i, un desenvolvemento da industria 4.0 que garanta que Galicia non quedará excluída da construción do automóbil a nivel de Europa”, reivindicou Villares. “Non contamos cun sistema ferroviario, aeroportuario e portuario que favoreza a implantación de novas empresas , nin unha estratexia clara en materia impositiva e fiscal que mobilice solo industrial”, concluíu antes de anunciar que estas reivindicacións centrarán a actividade política de En Marea.

R.