O número de falecidos nas estradas galegas reduciuse preto dun 14% en 2019
Se é importante o labor de cada individuo para mellorar esta situación, tamén o é o das administracións públicas, que deben poñer todos os medios necesarios para evitar accidentes e minimizar as consecuencias.
Así o entende a Xunta de Galicia, que está a traballar desde una perspectiva múltiple para mellorar as condicións de seguridade viaria da nosa Comunidade: actuando para optimizar as condicións das estradas nas que conviven condutores, peóns e ciclistas, pero tamén con campañas de educación entre os máis novos e de sensibilización para protexer aos máis vulnerables.
Vías de altas prestacións, estradas máis segurias
Na actualidade, un 80% dos galegos vive a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións, grazas a que desde o ano 2009 se produciu un incremento dun 70% no número de quilómetros neste tipo de vías libres de peaxes, que hoxe en día son 210. Iso supón que unha inmensa maioría da poboación galega ten posibilidades de desprazarse a través de estradas máis seguras.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continua nesa senda. Para avanzar constúe construíndo estradas de novo trazado, como a Variante de Aradas, en Santiago, traballando na mellora das infraestruturas viarias, convertendo en autovías as vías de altas prestacións nas que os tráficos o recomendan, como o Corredor do Morrazo. E co mesmo obxectivo, executa obras como a conexión de San Cibrao das Viñas coa Autovía das Rías Baixas (A-52), en Ourense, ou a Vía Ártabra, na Coruña.
Outras obras previstas nas estradas de titularidade autonómica son o desdobramento da vía de altas prestacións entre Lugo e Sarria, a de Tui - A Guarda, ambas en contratación e a piques de comezar as obras. Tamén traballa para prolongar a Autovía da Estrada, a vía de altas prestacións da Costa da Morte ou o desdobramento da de Brión - Noia.
Destaca especialmente o esforzo en obras de mellora da rede viaria, unha serie de actuacións para as que a Xunta destina este ano 87 millóns de euros para actuar nos 5.500 km de estradas autonómicas: eliminación de tramos de concentración de accidentes, reforzos de firme ou construción de itinerarios sostibles e seguros.
O obxectivo e reducir o número de accidentes de tráfico e a violencia vial, minimizando as súas consecuencias nas estradas autonómicas. Sen esquecer, por suposto, o mantemento regular da rede de estradas.
Os treitos de concentración de accidentes, 52 identificados na actualidade, son un dos puntos fundamentais da estratexia de mellora na seguridade, xa que nos 90 km destes tramos en Galicia concéntranse o 18% dos accidentes con vítimas.
Mobilidade limpa, pero tamén segura
As sociedades contemporáneas son cada vez máis conscientes da necesidade de adentrarse con determinación no fomento de formas de mobilidade máis sostibles, para promover hábitos de vida saúdable e unha menor contaminación ambiental. Pero para iso tamén necesitamos garantir que os desprazamentos se realizarán con seguridade.
A ese fin responde o Plan de Sendas, co que a Xunta está a promover a construción de 170 km. de itinerarios seguros para peóns e ciclistas, para protexer aos usuarios máis vulnerables das estradas e fomentar os desprazamentos a pé ou en bicicleta. Isto cobra especial importancia co Xacobeo 2021 no horizonte, e coa mellora da seguridade nos Camiños de Santiago ao seu paso polas estradas autonómicas. Ademais, vanse investir case 6 millóns de euros na integración paisaxística das entradas dos Camiños en Compostela.
Dentro da atención dedicada aos ciclistas, cabe destacar que se van colocar máis de 300 sinais avisando da presenza de ciclistas ao longo dos 600 km de rutas deportivas habituais, nos 10 percorridos por vías autonómicas galegas.
Campañas de educación e concienciación
Todo o dito ata agora non é suficiente se non vai acompañado de condutas responsables por parte dos usuarios. Por iso a Xunta de Galicia promove campañas de formación, educación e concienciación social, dirixida tanto ao ámbito escolar como ao público adulto, como por exemplo:
- Campaña “O corazón está do teu lado”, para concienciar aos rapaces de 6 a 12 anos na problemática da seguridade viaria, e indirectamente aos seus achegados.
- Promoción de hábitos de seguridade nas zonas rurais en colaboración con Stop Accidentes, definindo percorridos seguros en zonas escolares.
- Cursos de condución segura, tamén para motoristas.
- Outras campañas nos medios, como “Metro e Medio”, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo, para concienciar da separación que se debe ofrecer aos ciclistas nas estradas.
Ademais da concienciación, o Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 prevé a distribución de 37.600 pezas reflectoras (cortaventos e chalecos) para facer máis visibles aos peóns e ciclistas nas estradas, e para sensibilizar ao público sobre a necesidade do seu uso.

R.