Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co AVE Vigo-Porto
“Nunca agradeceremos dabondo en Galicia esta aposta decidida”, enxalzou o presidente da Xunta, quen cualificou a decisión do Goberno luso de apostar pola conexión da alta velocidade cara ao norte como a “máis intelixente”, xa que argumentou que beneficiará non só a moitísimos portugueses, senón a toda Galicia e a todo noroeste de España, “que está moi necesitada desta aposta estratéxica”, da que puxo en valor o que suporá tanto en tráfico de mercadorías, como no “fluxo inmenso de persoas” entre ambos territorios.
Ante a concreción de prazos e investimentos do Goberno luso de cara a conexión de alta velocidade entre Porto e Vigo, Rueda reclamou que agora “lle toca xa estar á altura” ao Goberno de España. Por iso, avanzou que a Xunta lle exixirá ao Executivo central que no vindeiro Cumio ibérico -que se vai celebrar este mes- amose un compromiso similar por esta infraestrutura. “Portugal comprometeuse e por tanto España ten que espelirse”, advertiu, ao tempo que se amosou convencido de que “seguro vai ser así”.
163 M€ para 85 proxectos na Eurorrexión
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta puxo en valor a estreita colaboración entre Galicia e o norte de Portugal ao longo dos últimos doce anos, o que permitiu, segundo debullou, “captar 163 millóns de euros de investimento na Eurorrexión para a posta en marcha de 85 proxectos”.
Tamén enxalzou o novo Programa operativo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) sobre o que adiantou que incrementará a súa dotación nun 11%, “o que supón que contaremos cun 11% máis de oportunidades para aproveitalos“, concluíu para finalizar a súa intervención.

R.