Economía cree que el sector de la automoción en Galicia será estratégico en la RIS3
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou que o sector galego da automoción, liderado por PSA-Citroën, está chamado a facer unha contribución estratéxica a un dos principais retos da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3): a construción dun novo modelo industrial en Galicia a través da implantación da I+D+i.
Na clausura da asemblea xeral da Asociación de Concesionarios Citroën, o conselleiro destacou que a RIS3, presentada o pasado martes coa presenza e a aprobación do comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, porá o foco no sector da automoción para “fortalecer o indiscutible músculo produtivo” desta industria en Galicia a través da innovación, nun momento en que xa amosou un “grao de madurez suficiente” para afrontar este reto, e no que se lle abren “valiosas expectativas de futuro”.
A RIS3 mobilizará un investimento de 1.600 millóns de euros ata 2020 co obxectivo de incrementar a competitividade das industrias con máis peso na economía galega aumentando a tecnoloxía, a diversificación, a especialización e a innovación. E, no caso da automoción, dixo, este reto pasa por que sexa capaz de reinventarse e de diversificar a súa industria auxiliar para atopar novos nichos de mercado e acceder a sectores de alta tecnoloxía. Segundo manifestou, nesta tarefa a fábrica de Citroën en Vigo debe ser “o polo dinamizador de todo un sector que quere apostar pola I+D+i como fórmula de liderado e como motor de expansión e crecemento”.
Na súa intervención o conselleiro de Economía e Industria aludiu, tamén, aos signos de mellora que está a rexistrar a industria do automóbil no conxunto de España, onde as previsións apuntan a un incremento da produción do 30 por cento ata 2017, na mesma liña que os datos que manexa a Asociación de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC), que certifican que só no mes de febreiro saíron das fábricas españolas ao mercado un 9 por cento máis de vehículos.
Ademais, subliñou que a industria galega da automoción representa o 14 por cento do PIB e pechou 2013 cunha cifra de facturación de 7.800 millóns de euros, case un 28 por cento máis que no exercicio anterior. Precisou que dá emprego a 19.000 persoas e que en 2013 incrementou a contratación nun 3 por cento con respecto ao ano anterior, o que equivale a 500 novos traballadores; e destacou que concentra o 12 por cento do emprego industrial de Galicia. Así mesmo, indicou que aumentou as exportacións nun 42,1 por cento en relación a 2012 e que actualmente representa o 31,1 por cento do total destas operacións na nosa comunidade, ademais de que leva percibido máis de 900 millóns de euros por parte da Xunta nos dous últimos anos.
Conde asegurou ademais que a automoción galega ten nas instalacións de PSA Peugeot-Citroën “a planta máis produtiva de España e a sexta con maior volume de produción de toda Europa” porque a fábrica de Balaídos foi a que máis aumentou o seu índice de produtividade en 2013. Segundo detallou, o centro de PSA-Citroën pechou febreiro cun nivel de actividade nestes dous primeiros meses de 2014 superior aos 75.000 coches, o que equivale a unha suba do 2,5 por cento con respecto ao mesmo período de 2013, ano no que sobrepasaron as 400.000 unidades.
O conselleiro subliñou que estes datos demostran que a planta de PSA-Citroën é “un auténtico espello” deste cambio de comportamento que comeza a rexistrar o sector automobilístico español e, á sua vez, “sitúa Galicia como líder deste despegue”. Por iso, recoñeceu que o reto ante este novo escenario é “dar continuidade á competitividade” desta industria e, considerando a súa magnitude en Galicia, “dotalo de maior valor engadido” a través da I+D+i.

R.